jueves, abril 10, 2008

SUBVENCIONES: NOVAS AXUDAS DO IGAPE

NOVAS AXUDAS DO IGAPE PARA INVESTIMENTOS, MELLORA DA COMPETITIVIDADE E COOPERACIÓN


O Igape vén de publicar as novas Bases reguladoras dos incentivos a proxectos de investimento empresarial, polas que se convocan, en réxime de concorrencia non competitiva e ata derrogación expresa as liñas de axuda para:
Proxectos de investimento empresarial superior a 500.000€.
Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego.
Proxectos empresariais de novos emprendedores
Ao mesmo tempo, en réxime de concorrencia competitiva, o Igape convocou as liñas de axuda para promover a mellora da competitividade empresarial correspondentes á Base reguladora das axudas a proxectos de consultoría e asistencia técnica nas Pemes, que inclúe como principal novidade os incentivos á formación empresarial.

Do meso xeito, o Instituto convocou, tamén por concorrencia competitiva as liñas de axuda á cooperación incluñídas na Base reguladora de axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial, entre as que están os apoios a proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación.

Máis información: www@igape.es
ou no teléfono 902 300 903