Resolución do 9 de marzo de 2007 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape e se procede á convocatoria de determinadas liñas de axuda. Instituto Galego de Promoción Económica. DOG venres 23 de marzo de 2007
ENLACE DOGA
RESUMO LÍÑAS DE AXUDA.
PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL
ARTIGO 4
Posta en marcha de novos emplazamentos empresariais ou ampliación dos existentes (Concorrencia non competitiva):
· Novos emplazamentos empresariais superior a 600.000 €
· Ampliación ou modernización de instalacións existentes superior a 3.000.000 €
· Proxectos de servizos avanzados superior a 200.000 €. >15 EMPREGADOS FIXOS
ARTIGO 5
Mellora da productividade:
· Proxectos de investimento tecnolóxico entre 600.000€ e 3.000.000 € que supoñan ampliación ou modernización
· Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 e 600.000 €.
· Proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando entre 30.000 e 200.000 €.
ARTIGO 6
Mellora medioambiental:
· Proxectos superiores a 600.000 € ata 3.000.000 €
· Proxectos de novos emprazamentos ou ampliacións superiores a 3.000.000 € (Concorrencia non competitiva)
ARTIGO 7
Creación de empresas por novos emprendedores. Investimento en activo fixo >50.000 € e < 600.000 €.
INICIATIVAS XERADORAS DE COÑECEMENTO NAS PEMES
ARTIGO 4
· Elaboración de plans e protocolos de sucesión na empresa familiar
· Preparación de estudos e análises dirixidos á planificación da expansión das pequenas empresas.
· Elaboración de diagnósticos empresariais de innovación e competitividade ou da capacidade de internacionalización.
· Proxectos de estudo e implantación de medidas de Responsabilidad Social Corporativa (RSC)
· Estudos de mercados internacionais.
ARTIGO 5
Proxectos de deseño ou redeseño de imaxe corporativa, presentación de empresas e productos ou servizos.
ARTIGO 6
· Presenza nun determinado evento expositivo internacional
· Proxectos de cooperación, dirixidos á creación de alianzas interempresariais (consorcios ou outras) para a internacionalización das pemes galegas.
ARTIGO 7
Apoio á contratación de persoal cualificado, preseleccionado polo Igape segundo os obxectivos de especialización.
ARTIGO 8
Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de Software en código aberto
PROXECTOS COLABORATIVOS DE CARÁCTER EMPRESARIAL
ARTIGO 4
· Iniciativas de difusión da cultura emprendedora mediante xornadas, seminarios, congresos, foros ou calquera outro instrumento de carácter aglutinador e sensibilizador.
· Iniciativas de difusión da cultura da innovación e a internacionalización nas pemes mediante a organización de xornadas técnicas, seminarios, congresos, foros ou calquera outro instrumento de carácter aglutinador e sensibilizador.
· Iniciativas de difusión de ferramentas útiles para o coñecemento e análise de mercados e a política de marca
ARTIGO 5
Proxectos de creación de servizos mancomunados promovidos e dependentes do organismo intermedio para o servizo das pemes, nos eidos do control ou ensaio de producto, loxística compartida, ...
ARTIGO 6
· Proxectos de benchmarking empresarial
· Proxectos de identificación e importación de boas prácticas na internacionalización
· Proxectos dirixidos á cobertura de déficits (gaps) sectoriais ou horizontais en materias de xestión, unha vez identificados e xustificada a existencia de ditos déficits.
· Programas de especialización profesional
· Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos.
ARTIGO 7
Para agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI)
· A elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, ou de internacionalización, cooperativos (en adiante: Plans cooperativos)
· A coordinación público-privada de plans cooperativos preexistentes, consistindo dita coordinación no aliñamento dos intereses privados e públicos e no establecemento das necesidades de governanza e financiamento.
· A posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados.
· A preparación de proxectos de innovación para concurrir a convocatorias públicas estatais ou europeas.
ARTIGO 8
· Misións empresariais internacionais directas a países onde o IGAPE teña establecido algún Centro de Promoción de Negocios (CPN)
· Misións comerciais internacionais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia.
ARTIGO 9
Creación de rede e vinculación estable Igape-Estructuras do territorio:
· IGAPE – Tecido Asociativo.
· IGAPE – Organismos de apoio ós emprendedores (viveiros, incubadoras empresariais, redes de business angels e PAITs).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario