lunes, enero 02, 2006
O URCO. O asusta nenos da serra do barbanza
Chegada a noite, xogando na plaia o caron do rio cos meus amigos, na miña infancia sempre aparecia unha nai chamando por algun de nós. Cando un non facía caso, e a nosa nai xa non podía da garganta, soltaba a frase con voz apresurada."Vinde pra casa que pode vir o urco" Os máis valentes dicían, trapalladas, pero cando aoscuridade gañaba e nonse vía máis de dous palmos a maraxe era cada vez máis forte e os cans máis apocados empezaban ladrar como tolos, a dúbida facianos tremer as canillas e corriamos para a casiña de contado. As vellas e avos do lugar decian que era un animal metade lobo e metade xabarín cun fuciño e boca grande que enseñaba dentes e que non deixaba de alentar e de votar babuxa. Os máis esaxerados decía que podia a chegar dun puchiño, que era moi feroz e que ningun can se atrevía a facerlle fronte e o que o fixo nunca máis se volveu a saber del, nin rastro de pelexo. Era un animal nocturno que dormía polo día en cobas de grutas profundas que baixaba polos regatos e beiras dos rios atraída polo son da maraxe forte e a lúa chea, mirando o reflexo da mesmo e querendo arremeter coas ondas, facia uns alridos monstruosos , contaban os máis vellos do lugar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario